Skip to Content

Actividades, APA, Novas

ORIENTACIÓN ABRE AS SÚAS PORTAS VIRTUAIS.....

Durante estes días de reposo na casa se precisades estarei conectada a través do meu correo. Se a rede non colapsa  todas as mañás de 10:00 a 13:00 teño "a consulta aberta" por se tedes preguntas, dúbidas, necesitades  asesoramento “psicolóxico -emocional” ou simplemente comunicarvos.

Pois nada máis; ide mirando de vez en cando a páxina do instituto, e traballar algo das diferentes materias.

Aproveitade para facer outras cousas como ler, poñer un pouco de orde material e mental, comunicarvos, disfrutar da familia, dar abrazos e bicos mentais, debuxar, escribir ou calquera outra actividade creativa que non requira  saír da casa.
Saúde, paciencia e sorte!!Guiño

MATERIAIS DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO ITE

ESCOLA DE PAIS DO ITE
Presento un acceso aos materiais da sección "Escola de pais" do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de formación do profesorado (ITE).
Inclúe moitos materiais sobre os temas que máis preocupan ás familias con fillos en idade escolar: saúde corporal, desenvolvemento psicolóxico, apoio á aprendizaxe, orientación familiar, educación en valores,internet, TV e novas tecnoloxías e convivencia.

Para acceder a cada tema pincha no seguinte enlace, e selecciona un tema na columna da esquerda:

http://ntic.educacion.es/v5/web/padres/

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Tal e como estaba previsto, terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais deste curso escolar. Logo de tratar o tema da sexualidade, nesta segunda reunión falaremos da preocupación pola imaxe corporal dos nosos fillos e fillas e de cómo afrontalo na familia. Como sabe, este é un tema moi relacionado cos trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, etc.) e coa autoestima. Contaremos coa visita de Paula Rico, sexóloga do Centro Quérote + de Santiago de Compostela.
    A reunión realizarase o próximo martes, día 10 de decembro, ás 18:00 da tarde na biblioteca do IES Fin do  Camiño. A duración prevista para a sesión é de 1 hora e media aproximadamente.
    Agardamos contar con todos e todas.

Distribuir contido


by Dr. Radut